AS NENAS E OS NENOS DE VALLE INCLÁN MANCHAN OS PÉS NA VENDIMA.

Resultado de imagen de pisando uvas



As alumnas e  alumnos do Valle Inclán foron o Venres 28 de setembro a bodega Zárate.
A primeira hora de mañá  saímos en  autobús a Ribadumia. Fomos  a una finca a vendimar durante unha  hora aproximadamente e recollemos  máis de doce caixas.
Máis tarde botamos tres caixas de uvas nun lagar de plástico e empezamos a pisar as uvas como se facía antigamente. Foi moi divertido!!!

Despois, visitamos a bodega, explicarannos como facían eles o viño e deixáronnos probar o mosto branco e rosado.
Tamén nos ensinaron a fabricación da auga ardente e a ulimos.
Foi unha saída moi interesante e divertida, e non deixedes de ver o vídeo que fixemos.

Comentarios

Entradas populares de este blog