Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2017

BO NADAL

Imagen
As alumnas e alumnos de sexto de Primaria do CEIP Valle Inclán de O Grove desexámosvos que teñades un Bo Nadal.

VISITA DE TERESA PORTELA

Imagen
O martes 12 de decembro, a primeira hora, visitounos María Teresa Portela Rivas, unha piragüista moi famosa. Estivémoslle facendo preguntas na biblioteca Ceip Valle - Inclán de O Grove. Ela falábanos da súa carreira deportiva, como, por exemplo, cando empezou, con cantos anos etc... Contounos cales foran os mellores anos da súa carreira deportiva, e tamén preguntámoslles se algunha vez se sentiría mal por non dar un bo rendemento, ela contestounos que reflexionaba pero non se sentía mal porque as outras estaban a mais nivel ca ela. Moitas grazas, Teri, por visitarnos.

SORPRESA DE NADAL

Imagen
Esta é unha foto da grabación de algo que estamos argallando, é sorpresa, pero cando o colguemos xa veredes como vos gustará moitísimo. Isto é unha sorpresa que queremos darvos os alumn@s de 6º de primaria do colexio Ceip Valle-Inclán de o Grove.  E o noso agasallo para Nadal.