Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2018

RECITAMOS A ROSALÍA

Imagen
Este vídeo é unha pequena homenaxe das alumnas e alumnos de 6ºA do CEIP Valle Inclán de O Grove a Rosalía de Castro co gallo do 24 de febreiro, Día de Rosalía

COMANDO BALUMADA

Imagen
Hoxe foi un día diferente, o noso mestre non nos debe querer ver dentro da nosa aula e algunhas nenas e nenos de 6ºB formamos un "Comando Balumada", para recoller algas e botalas no noso horto escolar.

SAÍMOS NO XORNAL

Imagen
Maruxa Alfonso, periodista de La Voz de Galicia, veu ao colexio C.E.I.P Valle - Inclán a intrevistar as nenas e nenos de 6º de Primaria sobre o proxecto que empezamos a facer, que consiste en facer o noso propio restaurante. Practicamos todas as asignaturas de forma divertida, por exemplo: lengua con receitas, matemáticas facendo problemas relacionados coa cociña, etc. Fai unhas semanas fumos ao restaurante de Javi Olleros e dounos algúns consellos. Damos as grazas a Maruxa Alfonso e La Voz de Galicia. Para ver a noticia preme AQUÍ.

XEOLOCALIZACIÓN DOS PARQUES NACIONAIS DE ESPAÑA

Un parque nacional é unha categoría de área protexida que goza dun determinado status legal que obriga a protexer e conservar a riqueza da súa flora e a súa fauna. Caracterízase por ser representativa dunha rexión  fitozoogeográfica e ter interese científico. A continuación enseñarémosvos onde se atopan os Parques Nacionais de España e unha breve descrición de cada un.

XA TEMOS O NOSO CRÉDITO

Imagen
Dende aquí queremos darlle as grazas a Manuel ,o director da sucursal de "La Caixa" de O Grove por vir a darnos unha charla tan interesente sobre economía. Aprendemos moitas cousas e xa temos moito mas claro os pasos necesarios para a financiación do noso proxecto. 

LETRAS ENTROIDO 6º

Imagen
AMODIÑO Si, sabes que xa levo un rato en Confín teñen que arranxar o minigolf. As, as canastras tamén son un farol porque as mercaron no decathlon. Ti queres que a 14 sexa peatonal porque nela os nenos queremos xojar para que os coches non nos den sustiños. Xa , xa me estou cansando mais do normal co de Cataluña xa non podo mais porque Puigdemont non ten ningun apuro. Amodiño a nosa rotando esta chea de cochiños porque neste cole hai moitos miniños non me sexas tolo e vaite amodiño. Rapidiño nos facemos vídeos sempre rapidiño e nos en youtube seremos famosiños inda que sexamos solo uns miniños. Quero ir a Bruselas quero a nosa independencia para consegir que O Grove sexa coma Cataluña ( Cataluña, Cataluña baby). Imos a poñer un muro no ismo da Lansada para que non entre nadie e pajen os de Noalla. Pasiño a a pasiño, imos amodiño a poñerlle o muro aos nosos vesiños pode ser

XA ESTAN AQUÍ OS RESTAURANTES DE 6ºB

Imagen
INTERNATIONAL FOOD, ESTEAM BOAT, AQUAMAR e OS CINCO MISTERIOS, esos son os nomes dos nosos restaurantes. Despois dun traballo colaborativo decidimos como serían os logos e as tarxetas dos restaurante. Aquí tendes os resultados 

VOTA POLO MELLOR DEBUXO DE BEGOÑA VILA

Imagen
As nenas e nenos de sexto de primaria do CEIP Valle Inclán de O Grove pedimos a vosa axuda para un concurso de debuxos da astrofísica galega Begoña Vila, dentro do proxecto sobre científicas ilustres que estamos traballando. Prem e na foto e vota o teu preferido.