VISITA A CULLER DE PAU
As alumnas e alumnos de 6º fomos ao
restaurante Culler de Pau para coñecer de primeira man o traballo de Javier
Olleros e o seu equipo. No restaurante ensináronnos de onde quitaban os
alimentos que utilizaban na cociña, logo visitamos a sala de ideas onde pensan
os pratos que poden facer, coñecemos a sala e o traballo dos camareiros e por
ultimo adentrámonos na cociña.
Comentarios
Publicar un comentario