VISITA A CULLER DE PAU
As alumnas e alumnos de 6º fomos ao restaurante Culler de Pau para coñecer de primeira man o traballo de Javier Olleros e o seu equipo. No restaurante ensináronnos de onde quitaban os alimentos que utilizaban na cociña, logo visitamos a sala de ideas onde pensan os pratos que poden facer, coñecemos a sala e o traballo dos camareiros e por ultimo adentrámonos na cociña. foi unha experiencia chulísima e pronto esperamos que Javi Olleros nos devolva a visita ao noso cole. Aquí vos deixamos o vídeo que fixemos, agardamos que vos guste